Como a persoa á que lle encarguei escribir esta crónica aínda non ma
mandou, escribireina eu mesmo para non demorar máis a súa publicación.
O día 19 de xuño ás 8:00 da mañá saímos de Ferreira cara Navia para
reunirnos con outras asociacións co fin de realizar a XXIV Travesía
Costa Naviega. Antes de chegar a Navia realizamos unha parada de rigor
para tomar café. Polas dez e cuarto chegamos a “El Bao”, que xa estaba
bastante concurrido, e pouco a pouco foron chegando máis autobuses ata
que chegamos a congregarnos arredor de 1700 persoas.
Polas once menos cuarto saímos todos en tropel. Antes de chegar a
praia de Barayo a TPA fixéronme unha entrevista e pouco despois disto
déronnos golosinas (Elena levouse unha pequena desilusión porque
contaba con outro tipo de golosinas) e auga, pero a mellor bebida
aínda estaba por vir .
Ó chegar a “Puerto de Vega” adiantounos unha camiñante desas que
incluso para andar teñen Glamour (vexase a foto). Tras isto nos
fixemos unha parada na cal realizamos a práctica típicamente
asturiana de escanciar sidra.
Xa na praia de Frexulfe ofrécennos, bolos preñado, froita, un queixo
con fresa e bebida. As rapazas vanse a bañar e despois de comer toca
seguir coa ruta, pero o grupo redúcese a metade.
Na praia de Coedo unha sangría fresca levantounos o ánimo e deunos
forza para chegar ata a praia de Navia onde nos recibiron con unha
festa. Algúns bailaron e outros preferiron tomar no bar con unha boa
cervexa.
Toca volver á casa, pero á xente gústalle a festa e preguntan se poden
quedar un pouco mais, hai que poñerse duro e meter a xente no autobús
(Javier incluso os foi buscar coa vara).
Paramos de volta no bar a tomar a última e xa en Ferreira pesanmos
na seguinte ruta.
Angel Rivas
sábado, 2 de julio de 2011
Suscribirse a:
Entradas (Atom)